En PAUTA valoramos a túa privacidade. Esta política explica como tratamos a información cando utilizas a aplicación móbil Dársena. Deseñamos a aplicación para recompilar a menor cantidade de datos posible.
1. Responsable do tratamento
A efectos da lexislación de protección de datos aplicable (RGPD e LOPDGDD), o responsable é:
- Identidade
- Darío Camaño Barreiro (en adiante, PAUTA)
- NIF
- ES35600299W
- Enderezo
- R/ Castelao 154, O Grove 36980 PONTEVEDRA
- Contacto
- dario@pauta.gal
2. Datos que tratamos e finalidade
Dársena non require rexistro de usuario. Non recompilamos o teu nome, correo electrónico nin número de teléfono. Es anónimo para nós. Os únicos datos que interveñen no uso da app son:
- Localización (xeolocalización): Só che pediremos acceso á túa localización mentres usas a aplicación. Esta información procésase localmente no teu dispositivo para amosarche a túa posición relativa ás paradas e rutas no mapa de transporte. PAUTA non almacena un historial das túas localizacións en ningún servidor.
- Datos de pagamento: Se decides subscribirte á versión sen anuncios, o pagamento procésase integramente a través da pasarela segura de Apple (App Store). PAUTA non ten acceso á túa tarxeta de crédito nin aos teus datos de facturación; só recibimos un identificador anónimo que nos confirma que tes unha subscrición activa.
3. Servizos de terceiros
Para proporcionar as funcionalidades da aplicación, utilizamos servizos de terceiros que actúan conforme ás súas propias políticas de privacidade:
- Mapas: Utilizamos a tecnoloxía de mapas de Apple para renderizar o contorno gráfico do transporte.
- Publicidade (Google AdMob): Na versión gratuíta da app, utilizamos Google AdMob para amosar anuncios. AdMob pode recompilar e utilizar identificadores publicitarios do teu dispositivo para amosarche anuncios relevantes. Se adquires a subscrición premium, este servizo desactívase por completo.
4. Base lexitimadora e conservación
Tratamos os datos de localización baseándonos no teu consentimento expreso outorgado ao conceder o permiso no teu sistema operativo. Os datos de pagamento (subscrición) trátanse para a execución dun contrato entre as partes. Ao non dispor de servidores que almacenen perfís de usuario, non conservamos os teus datos máis alá do tempo estritamente necesario no que usas a app en tempo real.
5. Os teus dereitos
Tes dereito a acceder, rectificar, suprimir os teus datos, e limitar ou opoñerte ao seu tratamento. Dado que non almacenamos perfís de usuario nin historiais, a forma máis directa e efectiva de exercer o teu control é a través do teu propio dispositivo:
- Retirar o permiso de localización: Podes facelo en calquera momento desde os Axustes do teu teléfono > Dársena > Localización.
- Limitar o rastrexo publicitario: Podes xestionar ou restablecer o teu identificador de publicidade directamente desde os axustes de privacidade do teu dispositivo iOS.
Para calquera dúbida ou solicitude formal, podes escribirnos a dario@pauta.gal.