1.1. Corrección editorial
Aseguramos a calidade dos teus textos. Ofrecemos corrección ortotipográfica, de estilo e control de calidade exhaustivo.
Corrección · Tradución · Solucións tecnolóxicas
Combinamos a edición profesional de textos coa vangarda nas tecnoloxías da linguaxe e a intelixencia artificial.
Catro servizos, un mesmo obxectivo: que a túa mensaxe chegue.
Aseguramos a calidade dos teus textos. Ofrecemos corrección ortotipográfica, de estilo e control de calidade exhaustivo.
Traducimos e localizamos contidos entre español, galego, inglés e francés.
Aconsellámoste en Intelixencia Artificial, curación de datos para modelos de linguaxe (LLMs) e ferramentas dixitais.
Simplificamos o papeleo. Axudámoste a navegar pola burocracia, xestionar trámites e pedir subvencións sen estrés.
Sen ruído, de principio a fin.
Polo formulario, por email ou por WhatsApp. Se o prefires, axendamos unha chamada para que nos contes o que precisas. Co texto, o prazo e o obxectivo abóndanos para comezar.
Que faremos, en canto tempo e canto custa. Sen letra miúda.
Recibes o traballo rematado e resolvemos xuntos calquera axuste.
Desenvolvemos ferramentas dixitais propias para mellorar o día a día.
Cóntanos o proxecto. Respondémosche cunha proposta clara, sen ruído.
Tamén por aquí
Recibido!
Mensaxe enviada. Responderémosche axiña.