Pauta Lab

DársenaTransporte da Coruña

A Coruña en bus urbano e interurbano, bici, taxi ou tren. Todo o transporte, nunha soa pantalla.

De balde. Require iOS 18 ou posterior. Proximamente en Android.

  • Dársena: mapa da Coruña con paradas de bus e tempos de chegada en tempo real.
  • Dársena: Live Activities para seguir o autobús desde a pantalla de bloqueo.
  • Dársena: horarios, favoritos e acceso directo ás apps de cada servizo.

1. Mobilidade unificada

Consulta horarios, dispoñibilidade e rutas. Cando esteas listo, abre a app oficial de cada compañía cun toque para pagar, reservar ou chamar.

  • 1.1. Bus urbano

    Mapa de liñas da Compañía de Tranvías, busca a túa parada e mira canto tarda o próximo autobús en tempo real.

  • 1.2. BiciCoruña

    Atopa a estación máis próxima e comproba bicicletas e ancoraxes libres antes de chegar.

  • 1.3. Taxis

    Localiza as paradas de taxi da cidade e contacta co servizo máis próximo.

  • 1.4. Trens

    Horarios desde San Cristovo para o día a día ou unha escapada.

  • 1.5. Bus interurbano (TMG)

    Consulta tamén as paradas e liñas do autobús interurbano do Transporte Metropolitano de Galicia.

  • 1.6. Mapa integrado

    Filtra o que precisas ver en cada momento para non saturarte.

  • 1.7. Favoritos

    Garda paradas, estacións ou rutas habituais —casa, traballo, universidade— e consúltaas en segundos.

2. Do dato á acción

Dársena é o teu centro de información. Cando saibas como viaxas, o botón de cada medio lévate á súa app oficial para validar o billete, pagar o bus, reservar o taxi ou desbloquear a bici.

  1. 2.1.Consultas en Dársena
  2. 2.2.Tocas o botón da esquina
  3. 2.3.Pagas, reservas ou desbloqueas na app oficial

3. Dársena Premium

Úsaa de balde con publicidade, ou pasa a Premium para unha experiencia máis limpa.

  • Mensual

    1,30 €

    ao mes

    Sen publicidade

    O que custa unha viaxe de bus urbano en efectivo.

  • Anual

    5,40 €

    ao ano

    Sen publicidade

    0,45 € ao mes, o mesmo ca unha viaxe coa tarxeta Millenium.

4. Preguntas frecuentes

É de balde?

Si. Dársena é de balde con publicidade. Se prefires unha experiencia sen anuncios, podes pasar a Premium.

Necesito crear unha conta?

Non. Dársena non require rexistro: non che pedimos nome, email nin teléfono.

Que fai coa miña localización?

Só a usa mentres tes a app aberta e procésase no teu dispositivo para situarte no mapa. Non gardamos ningún historial.

Podo pagar o bus ou reservar un taxi desde Dársena?

Dársena amósache a información e, cun toque, abre a app oficial de cada servizo para pagar, reservar ou desbloquear.